Como xa sabedes, este ano, o día das letras está adicado a Xosé María Díaz Castro. Deixámosvos por aquí unha animación na que poderedes escoitar un dos seus poemas. Esperamos que vos guste!
Sabedes por qué o 23 de abril foi escollido como "Día Internacional do Libro"?
Dise que foi a data na que finaron Miguel de Cervantes (autor de Don Quijote de la Mancha) e o escritor inglés Shakespeare, de quen seguro tedes escoitado falar, especialmente nas aulas de inglés. Porén, o certo é que Cervantes morreu o día 22 e foi sepultado o 23 de abril. Shakespeare tampouco morreu nesa data, senón que finou o 3 de maio do 1616. Por qué se di entón que morreu o 23 de abril? Porque, segundo o calendario juliano, así foi, o que pasa é que o 23 de abril correspóndese co 3 de maio no noso calendario.
E ti? Cales son os libros que máis che gustou ler?